Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
Dirixido a mocidade e público adulto.
22/02/2023
Xa rematou
Acceso libre até completar capacidade
De 18.30 a 20.00 horas
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático COMUNICA-DOS: a importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI)
O mércores 22 de febreiro ás 18:30 h. temos na Biblioteca Fórum unha charla sobre FakeNews, falaremos sobre as estratexias de supervivencia para tempos de desinformación, impartida por Natalia Monje.
As noticias falsas son unha crecente ameaza para a democracia porque contaminan a información que circula pola esfera pública. Sen información veraz, os cidadáns non poden tomar decisións nin exercer os seus dereitos con garantías. As fake news confunden ás persoas, desinforman á sociedade, radicalizan as posicións políticas e alentan o populismo.
Faladoiro a cargo de Natalia Monje no que fará un percorrido polas formas máis novidosas de manipulación de datos e polos mecanismos cognitivos que nos fan máis vulnerables fronte ás mentiras, para desentrañar as capacidades críticas que debemos cultivar como consumidores e produtores de información.
Natalia Monje é a responsable de comunicación de Ecos do Sur. Xornalista con 15 anos de traxectoria en comunicación social e sobre migracións. Desde 2016 lidera a liña de traballo CibeRespect, de Ecos do Sur, que aborda as problemáticas da desinformación e o discurso de odio nas redes sociais a través de estratexias de media literacy e ciberactivismo. Esta liña de traballo foi recoñecida co Premio de Innovación Social A Caixa e o Premio de Boas Prácticas do Colexio de Traballo Social de Galicia.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible