Clubs
Persoas adultas
02/10/2024
Xa rematou
Dende o 09/09/2024 ata o 29/09/2024
Require inscrición
Mércores, ás 18.30 h (Quincenal)
1,5 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Únete ao club de lectura das tardes do mércores da Biblioteca Fórum Metropolitano!
Os mércores pola tarde, ás 18.30 h. reunímonos na biblioteca do Fórum Metropolitano para comentar e compartir as lecturas comúns sobre libros propostos pola coordinación do club. A lectura é un acto solitario e sempre é un pracer poder compartilo escoitando os puntos de vista dos demais, de modo que descubrimos outras perspectivas e a lectura resulta máis enriquecedora.
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura xerais?
Os clubs de lectura xerais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible