Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
Público xuvenil e adulto
17/10/2024
Xa rematou
Dende o 09/09/2024 ata o 29/09/2024
A inscrición supón un compromiso de participación, polo que se levará un control de asistencia.
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Participa no grupo 2 do club de lectura LGTB QUEERuña, con reunións o terceiro xoves de cada mes!
Arrinca a (xa!) novena edición do club de lectura LGTB QUEERuña, que se reunirá o terceiro xoves de cada mes na Biblioteca Ágora.
Neste club as lecturas xiran en torno ás diversidades afectivo-sexuais e de xénero e os feminismos. Algúns artigos publicados na prensa dixeron sobre el que é un club cheo de cores, un dos máis orixinais de Galicia e destacaron que é un club coa diversidade entre liñas.
Os encontros terán lugar os terceiros xoves do mes na Biblioteca Ágora e, coma sempre, iremos dando conta dos títulos lidos, das reflexións e das obras similares no blog e no instagram do club.
Este ano, como novidade con respecto aos anteriores, alternaremos lecturas en soporte papel e en dixital, feito que requerirá que as persoas integrantes do club se fagan socias da Rede municipal de Bibliotecas da Coruña e tamén da Biblioteca da Deputación da Coruña.
Fai o carné das Bibliotecas Municipais
Date de alta en eBiblioDaCoruna
Inscríbete xa e participa!
Queres saber ...
¿En que consiste o club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible