Clubs
Xuvenil, Persoas adultas
Xuvenil e público adulto
16/10/2019
Xa rematou
Dende o 16/09/2019 ata o 16/10/2019
Require inscrición
19 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Volve o club de lectura LGTB, que chega xa á súa IV edición
Arrinca a cuarta edición do club de lectura LGTB das bibliotecas, o QUEERuña, e este ano faino con unha novidade: cada dous encontros haberá unha sesión especial "All Stars" na que se combinará o debate en torno ao ensaio Testo Yonqui co dun libro debatido en edicións anteriores e que será elixido entre todxs.
O club, que se estende de outubro a xuño nas datas que a continuación se detallan, facilitará os seguintes títulos ás 20 persoas inscritas:
Os encontros terán lugar, coma todos os anos, o terceiro mércores de mes na Biblioteca Ágora. Contamos contigo?
Queres saber ...
En que consiste o club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquedanzas, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible