Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio 2022. Saúde e benestar. Prevención dos trastornos alimentarios.

Corazón do Barrio 2022 estará adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.

Esta charla está enfocada á prevención dos trastornos alimentarios no ámbito familiar.

Os trastornos da conduta alimentaria son enfermidades mentais  con graves repercusións para a saúde, o prognóstico mellora se se detectan e se tratan precozmente. Neste tipo de trastornos están a anorexia, a bulimia, a vigorexia e outros.

Nesta charla coñeceremos as primeiras sinais de alarma. Estará impartido por psicólogos de ABAC (Asociación de bulimia e anorexia da Coruña) e dirixido a nais, pais, orientadores e titores.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión