Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 08/05/2021 ata o 18/05/2021
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Visita a exposición itinerante "Aquela nena de Sarria"!
A exposición itinerante "Aquela nena de Sarria", composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real.
A mostra inclúe unha serie de fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias.
Este traballo, realizado polo Colectivo Egeria, complétase con poemas dirixidos a Xela polo alumnado dos institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, e de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, e ata un conxunto de "Vilariñas", especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu Ano.
Visita a páxina web da exposición, para máis información.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible