Charlas e debates
Persoas adultas, Asociacións, Xuvenil
09/11/2018
Xa rematou
De 19.30 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 388
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil - Durán Loriga celebramos a International Games Week!
Porque nas bibliotecas hai máis ca libros, sumámonos, como única institución adherida en Galicia (e segunda en España), á iniciativa da ALA (American Library Association), un dos máximos expoñentes no ámbito bibliotecario internacional, para pór en valor o valor lúdico e educativo dos xogos en todas as súas formas.
Durante dous días, venres 9 e sábado 10 de outubro mergullarémonos no mundo dos xogos en xeral, e dos videoxogos en particular, para volver a conectar as comunidades nas bibliotecas a través destes.
Comezamos o venres cunha charla de David Martínez, de GatoSalvajeStudio e integrante da Asociación Galega de Videoxogos e contidos interactivos, que nos dará unha ampla visión do valor dos videoxogos, falaranos da industria que xera en Galicia e mostraranos o exemplo personal e cercano da súa empresa no sector, as posibilidades de emprego e o futuro profesional que ten o videoxogo.
Podedes seguir toda a participación internacional da International Games Week a través de @ala_gamert en Twitter, nós estaremos tamén participando coa etiqueta #ALAIGW
Esperámosvos!
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible