Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2023: Caxoto, conto para escoitar mentras bailamos un valse

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 4 a 8 anos

Cando:

19/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/05/2023 ata o 19/05/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

981 184 298

Baixo o lema “Sinte en galego: Letras Galegas 2023”, as bibliotecas municipais queremos convidar a veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

O próximo venres 19 de maio ás 18.00 h recibimos a Caxoto na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano para contarnos un Conto para escoitar mentras bailamos un valse

"Sabela era unha nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical? A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!..."

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta...).

Un espectáculo dan man do "Gran Director de Orquestra" Caxoto cheo de fantasía e da nosa música.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión