Infantil, Familias
Dende o 22/07/2022 ata o 31/08/2022
Xa rematou
De luns a venres: de 9 a 20.30h (os luns pechamos de 14 a 16h)
Sábados: de 10 a 14h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Gustaríache recomendar libros como un booktuber ou bookstagrammer, contaxiando a túa paixón pola lectura?
Durante este verán na Biblioteca Os Rosales terás a túa disposición un set de gravación con todo o necesario para vivir esta experiencia e recomendar os teus libros favoritos.
Como o faremos?
Os vídeos gravados proxectarémolos na sala infantil en pantalla grande. Podes optar por vivir a experiencia de forma individual ou en compañía de amigos ou familia.
Lembra, se es menor de idade, para poder proxectar o teu vídeo precisamos a autorización dunha persoa adulta, achégate ao mostrador e pídenos o formulario.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible