Encontros e presentacións
Xuvenil, Docente/Centro escolar
Alumnado de institutos de educación secundaria
24/10/2022
Xa rematou
Actividade pechada para institutos de educación secundaria.
10.30 a 12.10 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Baixo o lema #BiblioTeCuida celebramos o Día da Biblioteca e unha edición especial do programa Libros Viventes
O obxectivo do programa Libros Viventes é compartir historias de vida, coñecementos e intereses co alumnado dos centros de secundaria da nosa contorna, a partir dos cales reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal da mocidade dentro e fóra das aulas. Deste xeito, preséntase como un método innovador para promover o diálogo, reducir prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería ter compartido.
Nesta ocasión, realizamos unha edición especial polo Día da Biblioteca, efeméride que baixo o lema #BiblioTeCuida destaca este ano o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos, que se preocupan por atender as necesidades das persoas usuarias e por constituír un apoio no coidado das persoas e das comunidades. Participan nesta edición como persoas-libro:
"A situación de inseguridade no país, especialmente no lugar onde vivía, fixo que tivésemos que deixalo todo, era urxente saír de México. Marchamos en coche o meu esposo máis eu, os nosos tres fillos, algo de roupa, xoguetes e moitos libros, esa foi toda a nosa equipaxe".
"A arte ábreche unha porta para contactar coa esencia, coas emocións, coa túa propia beleza".
"Sempre vivín nun ambiente moi enrarecido e cambiante, sen espazo para expresarme ou recibir a atención que precisaba. A miña adolescencia foi moi complicada, e a iso sumouse o terremoto interno que intentaba esquivar acerca da miña identidade de xénero".
"A cousa máis bonita que consigo coa música é que me axuda a coñecerme".
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible