Encontros e presentacións, Charlas e debates
Persoas adultas
18/05/2021
Xa rematou
Dende o 13/05/2021 ata o 18/05/2021
Require inscrición
De 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Edición especial do programa Libros Vivintes co gallo das Letras Galegas 2021 con Marga do Val
Con motivo da campaña de "Desordénate coas Letras" -Letras Galegas 2021-, as integrantes dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña participarán dunha adaptación virtual (a través de Google Meet) para público adulto do programa Libros Vivintes.
Nesta ocasión, a libro vivinte será a autora, tradutora, docente e actriz Marga do Val que compartirá cos clubs de lectura da rede de bibliotecas a súa experiencia de vida como escritora e amiga persoal de Xela Arias.
Para máis información sobre Marga do Val, accede á conversa "Non abonda con dicir que Xela Arias era rebelde, habería que entrar na rebeldía dos seus versos" no blog Suma Ágora.
Queres saber ...
En que consisten os Libros viventes?
Libros viventes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para lle dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladámoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.
Son eles/elas quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, cal Libro vivente queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e os/as mozas que os leron.
Deste xeito, os Libros viventes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería compartir.
As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible