Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Charla sobre ecofeminismo con Carmen Nieto

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2024

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 16 de decembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto #MulleresNaRúa, unha charla sobre ecofeminismo, a cargo de Carmen Nieto, membro da directiva de ADEGA

O ecofeminismo é unha corrente de pensamento e un movemento social que integra feminismo e ecoloxismo pondo de manifesto as relacións existentes entre a subordinación das mulleres e outros grupos sociais non privilexiados coa sobre explotación e degradación do medio natural. Propugna que o sistema capitalista e neoliberal, en alianza co patriarcal, xerou unha cultura de dominación e extractiva sen control suicida, posto que os seres humanos somos ecodependentes, que debe ser substituída por unha relación harmónica coa natureza.

O ecofeminismo, en ten longa tradición xa manifestada pola nosa devanceira Rosalía de Castro. A súa voz sempre se ergueu en defensa das causas do común, entre as que non esquecía o medio ambiente. Ela foi a única en protestar perante a destrución das carballeiras (Los robles, En las Orillas del Sar)

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión