Familias, Para público en xeral
Familias con bebés desde 6 meses
10/11/2024
11.30 e 13.00 h
35 min aprox
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de vir vernos:
agora@coruna.gal
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
BEBESCENA Outono 2024
O solpor, cos últimos raios de luz do día, entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxadas e azuis, irán aparecendo grilos e melodías clásicas que lle darán a benvida á noite. As estrelas chiscarannos o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse, mentres os máis pequenos de casa, ao ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese momento cando chega "Madame Lumière". Esta encargarase de darlle vida aos soños ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de nenez, soños en lonas de circo... e mesmo nalgún pesadelo.
A noite arrodeada dun espazo sonoro e dunha delicada banda sonora interpretada cunha exquisita excelencia, chegará ao amencer, a hora de espertar e gozar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite
Dirección artística, guitarra e voz: Faló Garcia i Pellejà
Dirección escénica: Anna Castells
Dramaturxia, actriz e cantante: Aina Sánchez
Dirección musical, piano, saxo e voz: Maria Cruz
VENDA DE ENTRADAS
PAGAMENTO: no despacho de billetes da praza de Ourense, na do Ágora e na venda en liña con tarxeta de débito ou crédito, agás American Express.
Entidades
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible