Encontros e presentacións
Infantil, Familias
De 8 a 12 anos
Familias
09/05/2020
Xa rematou
Dende o 02/05/2020 ata o 09/05/2020
de 17 a 19 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Un encontro máis para pais, nais, fillas e fillos, donde tentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
Este obradoiro forma parte do Método Flipante, un programa de desenvolvemento persoal e mellora da convivencia das familias creado por Neuromotiva. Nel aprenderemos a escoitar moito mellor e a utilizar unha linguaxe positiva, mediante dinámicas e xogos moi divertidos, fortalecendo así os lazos familiares.
O Método Flipante achega estratexias de coaching para "aprender a ser" favorecendo deste xeito o autocoñecemento e a linguaxe positiva. Mediante unha metodoloxía dinámica e divertida as familias adestrarán a escoita activa para comunicarse eficazmente, fortalecendo así os lazos familiares.
Adaptamos os nosos encontros en familia á nova situación e convidámosvos a un Obradoiro de comunicación dende a casa, a través da plataforma Zoom.
Inscribídevos e enviarémosvos a ligazón para acceder. Só os nenos y nenas necesitan inscrición.
¡Agardámosvos!"
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible