Talleres
Persoas adultas
+18 anos
Dende o 24/10/2024 ata o 25/10/2024
Xa rematou
Dende o 21/10/2024 ata o 24/10/2024
Require inscrición
18h
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
Trae as túas propias teas usadas
Queres aprender a coser a túa propia bolsa de tea e darlle unha nova vida ás teas de roupa vella ou usada?
Busca no teu domicilio prendas vellas que xa non uses e aproveita esas teas para crear coas túas propias mans unha bolsa de tea multiusos: para transportar os libros da túa biblioteca, para ir mercar o pan, para saír de concerto...
Ti só precisas as teas; o resto de materiais serán faciltiados polas bibliotecas.
O obradoiro, que conducirá La mapache escuela, consta de dúas sesións de dúas horas cada unha e diríxise a público adulto.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible