Talleres
Infantil
De 8 a 14 anos
28/06/2018
Xa rematou
Dende o 21/06/2018 ata o 28/06/2018
Require inscrición
De 11.00 a 12.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Obradoiro creativo de bolsas ou mochilas para lectores/as
Es amante das letras? Participa no Obradoiro de bolsas para lectores/as e personaliza a túa con deseños relacionados co mundo dos libros e da lectura. Fieltros, retais, cintas, abelorios... e unha chea de ideas e modelos. As bolsas xa as proporciona a monitora, ti só tes que darlle renda solta á túa imaxinación. Obradoiro en colaboración con O faiado de Nin.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible