Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro en familia con Createctura: Historias en xogo

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Familias con crianzas a partir de 3 anos

Cando:

15/10/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/10/2024 ata o 15/10/2024

Require inscrición só dos nenos e das nenas

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

Das 18.00 ás 19.30 horas

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Requisitos:

Require inscrición 

Contacto:

Correo electrónico: bforum@coruna.gal

Teléf.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático Construíndo Soños

O martes 15 de outubro ás 18.00 h na Biblioteca Fórum, temos obradoiro en familia con Createctura "Historias en xogo". Está dirixido a familias con crianzas a partir dos 3 anos.

Createctura é un proxecto de investigación e innovación pedagóxica a través do deseño de espazos, a integración artística e o desenvolvemento da creatividade. Talleres de xogo e experimentación en familia nos que as persoas participantes terán a oportunidade de crear e explorar xuntas de forma interxeracional. As nosas escenografías habitadas promoven o xogo e a creación a través de diversas disciplinas como a arquitectura, as artes aplicadas, a fotografía etc. a partir de metodoloxías propias que son froito de anos de investigación pedagóxica. Neste taller ofrecen diferentes propostas de exploración en simultáneo. O ambiente está cheo de múltiples posibilidades de experimentación para gozar en familias, e atender a todas as necesidades diversas dos/as participantes.

Proponse realizar unha instalación de arte progresiva en dúas fases: unha primeira na que as familias que se acheguen á biblioteca teñan a oportunidade de transformar o espazo a través da construción de pequenas arquitecturas a modo de maqueta. Na segunda fase habitaremos as estruturas con personaxes e historias creadas a través dos recortes de libros vellos utilizando a imaxinación para narrar o proceso creativo que vivido. Xogando coas letras, os libros como obxecto e a luz a través das follas de papel, as familias formarán parte dunha performance improvisada polo xogo cos materiais dispostos. A través das distintas linguaxes as persoas participantes poderán explorar as características dos materiais espertando así a capacidade de asombro nas crianzas e recuperando a das persoas adultas.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión