Talleres
Familias, Docente/Centro escolar
Docentes e persoas adultas con crianzas ao seu cargo
06/10/2018
EVENTO CANCELADO
Xa rematou
Require inscrición
18.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Obradoiro dirixido a familias para traballar diferentes aspectos de educación para a igualdade entre nenos e nenas, e que forma parte da programación do Centro de Planeamento Familiar da Coruña na celebración do seu 35º aniversario.
Nesta actividade abordarase a educación afectivo-sexual a través dos contos infantís, falando de recursos bibliográficos recomendados e facendo fincapé nas pautas que nos permiten valorar se un conto ten elementos que fomentan a igualdade e a coeducación, ou se, pola contra, alimentan a desigualdade entre nenos e nenas.
A metodoloxía para desenvolver son dinámicas participativas que darán lugar a abordar temas como:
Montse Vilar, experta en xénero, identidade e cultura será a encargada en dinamizar a actividade.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible