De 8 a 12 anos
13/05/2021
Xa rematou
Require inscrición
De 18:30 h a 19:30 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184390
Queres ler con nós?
Falaremos da vida e obra de Xela Arias, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
Leremos e comentaremos Non te amola! coa rapazada que asiste aos encontros de Obxectivo Bibliotk.
Queres saber ...
En que consiste Obxectivo Bibliotk?
Este programa persegue dar a coñecer todos os segredos da biblioteca e compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio.
As sesións están expostas cun enfoque lúdico e pretenden vincular as bibliotecas tamén coa procura de información e o tempo de lecer.
Utilizaremos recursos web, a fotografía, vídeos... e tamén as redes sociais. Dá un paseo polo pinterest desta actividade para ver que facemos e decidirte a vir connosco.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible