Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

"Pelica de burra", de Vero Rilo e Luis Iglesias

Por tipo de público:

Familias, Infancia

Cando:

12/11/2024

Inscricións:

Dende o 08/11/2024 ata o 12/11/2024

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Narración e música en directo

Ano 2735. Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, contos, música... terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: "Peliquiña Meee, por aquí non é!, tampouco, entón... onde?" Este retrouso levaranos cara á solución dun mundo sen diversión. 

Pelica de burra é un espectáculo-obradoiro de narración oral emúsica para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luis Iglesias. Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que se achega nesta nova proposta. 

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión