Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Leobén

Este centro de interese é unha colección de títulos localizada na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora que recolle documentos relacionados coa comprensión lectora e coas dificultades máis comúns detectadas na aprendizaxe da lectura.

LEOBÉN creouse para nenos e nenas que presentan dificultades na comprensión lectora. A  biblioteca implícase na selección dos documentos que poidan axudar a superar estas dificultades, pero  tamén colabora coas principais asociacións, escolas e entidades que traballan con eles. Desta relación ponse de manifesto a importancia da autonomía persoal nos lugares públicos. Por isto, o centro de interese LEOBÉN concibeuse coa estrutura máis adaptada, intuitiva e sinxela posible.

O centro de interese procura dar visibilidade e aportar normalidade ante problemas de comprensión lectora, tanto os motivados por diversos factores emocionais e madurativos como os  intrínsecos á persoa. 

A biblioteca traballa en colaboración coas persoas, familias, entidades e centros educativos da contorna, pois resultan fundamentais para detectar as necesidades e propoñer melloras.

Na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora atópase un espazo de encontro que proporciona recursos e materiais para persoas con necesidades específicas. Desta maneira, a biblioteca achega a lectura a todos os colectivos.

Ademais, en relación con este centro de interese, na Biblioteca Ágora celebrouse varios anos a Xornada de Lectura e Comprensión Lectora LEOBEN, un encontro no que falar das principais dificultades de aprendizaxe da lectura, os recursos profesionais para abordalas e as experiencias prácticas das principais asociacións da cidade que traballan para os nenos e nenas con necesidades especiais.

A quen se dirixe

Este centro de  interese está destinado a:

  • Crianzas con necesidades especiais ou dificultades na aprendizaxe da lectura.
  • Familias con membros demandantes deste tipo de documentos.
  • Profesionais do ámbito educativo e social.
  • Organizacións e entidades da contorna interesadas no tema.

Obxectivos

Obxectivos xerais:

  • Desenvolver o papel social, informativo, formativo e educativo da biblioteca.
  • Garantir o acceso á información para todos.
  • Proporcionar materiais, recursos e lecturas adaptadas en diferentes formatos.
  • Proporcionar materiais que melloren o acceso á lectura ás persoas con dificultades de comprensión lectora.

Obxectivos específicos:

  • Contribuír á visibilización, sensibilización e normalidade da diversidade funcional.
  • Abrir un marco de comunicación e colaboración coas organizacións, centros educativos e administracións que atenden a persoas con discapacidades.
  • Reforzar as capacidades persoais e académicas das crianzas con necesidades especiais.
  • Fomentar a participación e autonomía das persoas con discapacidades na vida diaria da biblioteca.

Que materiais podo atopar

O centro de interese Leobén está formado por lecturas fáciles, sinxelas, atractivas e directas que faciliten a comprensión dos textos extensivos. Tamén se ofrecen recursos TIC como apps, webs, blogs, foros e lecturas en liña dispoñibles para a consulta en sala nun dispositivo electrónico. Por último tamén podes atopar libros de materias relacionadas coas principais dificultades de comprensión lectora e aprendizaxe da lectura das crianzas.

No centro de interese, os apartados que podes atopar son:

  • Iniciación á lectura: Dentro desta categoría inclúense obras con argumentos sinxelos, letra fiada, abecedarios, vocabularios,  imaxinarios, gramáticas. Contén libros para nenos e nenas de calquera idade que axadan na aprendizaxe e comprensión da lectura.
  • Braïlle: Dentro desta categoría inclúense obras escritas co sistema de lectura e escritura Braille, como único  requisito. Poden ser de calquera idade, de ficción ou de materias. Son fondos donados pola Fundación Once na súa maioría.
  • Ler escoitando: Esta categoría engloba os audiolibros.
  • Pictogramas: Dentro desta categoría están os libros informativos e os de ficción que conteñen pictogramas. Tanto os  aprobados por ARASAAC como os outros non controlados que contribúen a dinamizar a lectura.
  • Protagonistas: están incluídas as obras de ficción nas que os personaxes se identifican  como protagonistas da diversidade funcional.
  • Imaxe real: Inclúense dentro de este epígrafe os libros informativos e de ficción que conteñen fotografías reais e non  ilustracións, cuestión que favorece a comprensión nos nenos con dificultades.
  • Libro-xogo: O libro-xogo é aquel que reúne unas caracteríscas de texturas, cores ou xogo que favorece a  concentración, o divertimento e a iniciativa. Son, por exemplo, os libros de pesquisas.

Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros deste centro de interese no noso catálogo ou mediante esta ligazón.

Non esquezas que se non podes achegarte á Biblioteca Ágora a polo libro que queiras, podes solicitar que cho enviemos á túa Biblioteca mais próxima para que o leves en préstamo.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión