Belén, da Biblioteca Castrillón
Vocación de servizo público, compromiso social e construción cívica
Un equipo de máis de 90 profesionais á túa disposición para axudarte, aconsellarte, guiarte, informarte. Persoas abertas a escoitar as túas necesidades e demandas e a mellorar coas túas ideas e suxestións.
Oficinas de coordinación. Directorio
Estas somos as persoas que, desde o Servizo Municipal de Bibliotecas, coordinamos e damos soporte ao conxunto de bibliotecas:
Bibliotecas. Directorio
Traballamos cos nosos equipos en cada unha das bibliotecas da rede municipal:
O alumnado en prácticas
Cada ano recibimos estudantes que escollen diferentes bibliotecas para realizar as súas prácticas profesionais. É un pracer compartir con eles a súa primeira experiencia no ámbito laboral e ensinarlles o que sabemos. Nós tamén aprendemos das súas preguntas e da súa ollada renovada sobre o que ofrecemos e como o facemos.
Diversos centros de ensino superior universitario e de formación profesional visitan cada ano as bibliotecas como parte do seu contido curricular e porque as bibliotecas complementamos así a formación académica coa práctica nos nosos centros. Os ciclos formativos de Educación Infantil, ou Animación sociocultural, así como as especialidades da UDC de CC de Educación (infantil e primaria), así como Educación Social e Biblioteconomía, son algúns exemplos.
Se tes interese en participar co teu alumnado nalgunha visita, ou propoñer calquera das bibliotecas para a formación en prácticas de alumnos de FP ou master, só tes que solicitárnolo, estaremos encantados e encantadas de recibirte.
Estas son algunhas das persoas que visitan as bibliotecas
Veciños e veciñas da Coruña. Traballamos para eles e con eles, individuos e colectivos.
Queremos que calquera persoa ou grupo da comunidade poda atopar na biblioteca un espazo de relación, comunicación, aprendizaxe e lecer adaptado ás súas necesidades. Axúdanos a construílo: visita as bibliotecas, utiliza os seus servizos e proponnos as túas ideas.
As persoas voluntarias
Enrique, Mª José, Natalia, Manuel, Rosa, Juan, Teresa, Pilar...decidiron compartir o seu tempo, as súas habilidades e entusiasmo e colaboran connosco como voluntarios achegando a biblioteca a aquelas persoas con mobilidade reducida, mediante o préstamo a domicilio e asumindo labores de alfabetización dixital, educación para adultos, dinamización de grupos de práctica de idiomas e clubs de lectura. Admiramos o seu altruísmo e o agarimo que poñen en todo. Algunhas destas persoas quedan connosco moito tempo, como Enrique que despois de máis de dez anos, é todo un veterano e un exemplo para todos. Moitas grazas. Aprendemos cada día de vós.
Podes coñecer máis sobre estas persoas nos Retratos comprometidos.
Os usuarios e usuarias
O gran atractivo das bibliotecas municipais da Coruña é que son espazos plurais cun público diverso en idades, procedencias, formación, opinións, sensibilidades, intereses... e reciben miles de visitas, cada día, de persoas que, soas ou en grupo, buscan e fan cousas moi diferentes.
Aínda así seguímonos esforzando cada día para que todos os veciños e veciñas da Coruña saiban que as bibliotecas lles poden axudar a exercer dereitos cívicos básicos: información, participación, igualdade de oportunidades, formación permanente, diversidade e diferenza, acceso á cultura. Descobre o que che ofrecen as bibliotecas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible