Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Emma Mariño

Emma Mariño, voluntaria en "Lecturas de ti a ti"

Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida pola Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta, por parte dunha persoa voluntaria, dun texto de forma individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; tratando de ofrecer un tempo de atención personalizada.

Imos coñecer a Emma Mariño Fernández, xubilada

En que programa colaboras?

Colaboro no programa "Lecturas de ti a ti", que consiste en lerlle a unha persoa que está nun centro de día. Eu voulle a ler a Lola, unha señora de 84 anos que está nunha cadeira de rodas e non ten mobilidade nunha parte do seu corpo. Falamos moito e encántalle que lle lea, comentamos e facemos da lectura unha moi boa conversa.

Por que te fixeches voluntaria?

Fíxenme voluntaria por uns compañeiros do club de lectura dos Rosales, que mo comentaron e estou moi contenta.

Participaches ou participas en accións similares?

É a primeira vez que participo nun voluntariado e recoméndollo ás miñas amigas.

Que te achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Esta actividade éncheme de satisfacción, atópome realizada e eu creo que a min achégame moito e á persoa que lle leo, creo que tamén está contenta.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión