Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#EPB100: centenario do pasamento de Doña Emilia Pardo Bazán

Van xa cen anos desde que Emilia Pardo Bazán non está entre nós e aínda as súas obras, os seus pensamentos, a súa vida... seguen a estar de actualidade.

Descubre ao longo destes días o que temos preparado sobre esta figura tan senlleira da nosa intelectualidade. Arrincamos en maio e rematamos en decembro cunha morea de eventos:

  • Exposicións bibliográficas e dos textos e ilustracións do concurso de Igualdade  "A mirada violeta de Dona Emilia",
  • Presentacións de libros e contacontos para público infantil,
  • Lectura das súas obras polos clubs de lectura das bibliotecas,
  • Paseamos os libros de Dona Emilia pola súa querida Marineda, non te perdas a guía visual,
  • Escoitar petiscos da súa variada e prolífica obra nos podcast que estamos preparando,
  • E desfrutar dunha montaxe audiovisual sobre "Dona Emilia" que "falará" diante da cámara sobre as súas ideas literarias e non tan literarias.
  • Ademais, do 20 de setembro ao 15 de decembro a Biblioteca Forum pon en marcha o ciclo temático "Emilia Pardo Bazán e o seu tempo".

Esperámoste!

CICLO TEMÁTICO: EMILIA PARDO BAZÁN E O SEU TEMPO

Do 20 de setembro ao 15 de decembro

Ao cumprirse o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, A Coruña, cidade que a vira nacer, entrégase a unha homenaxe que intenta achegarse a todos os ámbitos polos que transitou esta prolífica escritora.

Dende a Biblioteca Fórum Metropolitano centraremos o ciclo temático na época que lle tocou vivir incluíndo lecturas, contexto histórico xeral e a súa relación amorosa e epistolar co escritor canario Benito Pérez Galdós.

A partir de 1890 Emilia Pardo Bazán deixou atrás o naturalismo e explorou o idealismo e simbolismo. Xa separada do seu marido, a escritora continuou reuníndose e nutríndose dos intelectuais da época e das correntes artísticas. A súa obra comezaba a ter un claro compoñente feminista nunha loita incansable pola emancipación social e intelectual da muller.

Con Galdós, por entón próximo tamén ao naturalismo, xa mantivera previamente unha relación literaria. A confirmación desta relación que durará máis de vinte anos e os seus detalles, reveláronse a partir de 1970 tras a publicación de 32 cartas inéditas de Emilia a Galdós.

Dentro deste ciclo están programadas unha serie de actividades complementarias para público infantil e adulto (un faladoiro, un contacontos e unha presentación literaria) das que tes máis información ao pé de páxina. Non as perdas!

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión