Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

María Antonia Peris Pérez

María Antonia Peris Pérez, voluntaria

A biblioteca Ágora iniciou no 2014 un programa que está centrado na formación básica informal para persoas maiores que por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade non tiveron acceso ao ensino regrado ou o tiveron moi limitado, na procura de potenciar o acceso á cultura e ao coñecemento, exercitar a memoria, incentivar a socialización dos participantes e apoiar a visión dun envellecemento activo sen estereotipos e prexuízos reducionistas.

Hoxe coñecemos un pouco mellor a María Antonia Peris Pérez, profesora de Física e Química, que colabora con nos como voluntaria neste programa.

En que programa colaboras?

Colaboro nun programa de educación para adultos maiores. O programa está orientado a que persoas maiores que tiveron que deixar os estudos a unha idade temperá poidan mellorar os seus coñecementos de lectura, escritura, lingua, matemáticas etc. Unha vez por semana realizamos actividades de lectura en voz alta, lectura comprensiva, ditado, actividades de vocabulario, ortografía e matemáticas. O obxectivo non é só que aprendan senón tamén realizar actividades relacionadas coa atención e a memoria.

Por que te fixeches voluntaria?

Fíxenme voluntaria porque me gusta ensinar e pensei que debería dedicar parte do meu tempo libre a outras persoas.

Participaches o participas en accións similares?

Non realizo outras actividades, pero participo en actividades de educación de adultos desde hai doce anos

Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Participar nesta actividade resúltame moi gratificante. Como profesora, estar cun grupo de persoas que valoran aprender e que teñen interese en adquirir novos coñecementos é moi bonito. Para min é un intre de relax, ademais de traballar charlamos, e rímonos moito. Realmente dás moi pouco e recibes moitísimo. Pode parecer un tópico, pero só se entende se participas nestas actividades.


 

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión