Coordinación: María del Carmen López López
Relatoría: Noelia Pedreira
Datas: 25/06/2020
Este proxecto consistiu na elaboración dun documento que recolle testemuños de moitas das nosas usuarias e usuarios non conectados con quen nos comunicamos a través do teléfono ao longo do perido de confinamento.
Esas historias de barrio supuxeron ademais de manter un acompañamento emocional a estas persoas, que acoden con asiduidade á biblioteca, redescubrir o barrio desde unha óptica moi reveladora e instrutiva reforzando os valores de memoria e identidade do barrio.
A compilacion da información realizouse a través de chamadas telefónicas por parte do persoal bibliotecario, as cales foron recollidas a través de notas.
Por outra banda recopiláronse fotografías do barrio facilitadas pola veciñanza nunha acción anterior, así como outras de fotos de arquivo e cartaces do fondo local.
Datos técnicos
Maquetación con Scribus e Canva
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible