Adquirimos libros, CD e DVD de maneira periódica coa intención de equilibrar a colección e dar resposta ás diferentes necesidades e demandas das nosas usuarias e usuarios.
Estamos moi atentas ao mercado editorial valorando e analizando as novidades, sempre tendo en conta a súa calidade e pertinencia.
Convidámoste a que se detectas que non dispoñemos de materiais ou temas que consideres de interese para ti, fagas unha suxestión de compra. Podes facelo co teu número de soci@ de bibliotecas cubrindo un sinxelo formulario. Nós valoraremos a súa pertinencia e darémosche unha resposta nun prazo máximo dun mes. En caso de aceptar a compra realizarémola antes de 3 meses.
Criterios xerais:
Non adquirimos libros de texto nin excesivamente técnicos.
Non adquirimos enciclopedias, catálogos de esposicións e similares.
Non adquirimos, como norma xeral, exemplares de títulos que xa temos no catálogo.
Cunha clave persoal podes consultar e renovar os teus préstamos dende a web. Máis información sobre préstamo.
Cubrindo un simple formulario, poderás xestionar en liña unha multitude de trámites.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible