Para dar a coñecer o patrimonio natural e histórico da Illa e o Castelo de Santa Cruz, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, ofértase un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante o verán.
Para público en xeral
Dende o 02/07/2024 ata o 30/08/2024
Martes, xoves e venres (excepto festivos) ás 12 h.
Gratuito
Aforo limitado a 15 persoas por grupo. Reservas en: http://www.ceida.org/gl/reserva-visitas-guiadas
CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz, s/n 15179 (Liáns - Oleiros)
Tel.: 981 630 618
Correo-e: educacion@ceida.org
A Illa de Santa Cruz conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización, un illote no interior da Ría da Coruña.
Este rico patrimonio combínase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo destes catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura coa estancia da escritora Emilia Pardo Bazán; defensa social coa organización de colonias de verán para nenos orfos e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Xullo e agosto de 2024.
Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 01/07/2024
(ata 3 días antes do inicio do programa respectivo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible