Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xullo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
13/07/2024 das 18.00 a 20:00 h. I Triatlón de Xogos de Mesa: Halli Galli, Virus e 5Alive. Tres xogos, tres partidas e 15 participantes. Alguén será capaz de facer o pleno e sorprender a todo O Remanso? Veremos! É necesaria a inscrición.
20/07/2024 das 19.00 ás 21.00 h. Creando con soft clay: Neste obradoiro creativo vaise deseñar e modelar as vosas propias figuriñas. Crearedes uns colgantes con moita vida, aproveitando as cores vibrantes desta coñecida arxila lixeira. É necesaria a inscrición.
26/07/2024 das 18.00 ás 20.00 h. De leria!: De parola, de lapexada, de cháchara... chámao como queiras, pero esta tarde no Remanso...andamos de leria! Coa inspiración do formato PechaKucha, invítante a compartir esa historia misteriosa, esa viaxe ou experiencia apaixoante, esa idea divertida ou sorprendente. 20 diapos, 10 minutos.Serás quen de captar a atención do público?. É necesaria a inscrición.
27/07/2024 das 18.00 ás 20.00 h. Decora a túa camiseta: Obradoiro no que explorar materiais e técnicas cos que decorar as vosas camisetas. Trae a túa idea, que eles xa poñen os rotuladores e os pincieis!. É necesaria a inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible