O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades dos meses de xullo e agosto de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Para público en xeral
Dende o 02/07/2024 ata o 01/09/2024
Gratuíto con reserva previa ou en despacho de billetes, desde 15 días antes
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña
tel.: 689 578 727
e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es
Obradoiros infantís e familiares
A diario ás 11.15 h, de martes-venres público infantil e sábados-domingos público familiar (idades 6-12 anos).
Nos obradoiros traballarase con métodos como a observación, experimentación ou habilidades para o desenvolvemento tecnolóxico para tratar temáticas como as conexións entre arte, ciencia e tecnoloxía, distintos ámbitos estudados pola xeoloxía, a ecoloxía, a bioloxía ou a química.
Desafíos e procura do tesouro
Martes-sábado ás 13.15, 16.00 e 18.00 h, domingos e festivos ás 13.15 h. Público familiar (idade recomendada a partir de 6 anos).
Xogos de pistas por equipos para coñecer historia da ciencia e tecnoloxía de maneira participativa.
Curtocircuítos e visitas familiares
Martes-sábado ás 12.30 e 17.00 h, domingos e festivos ás 12.30 h. Público xeral e familiar (idade recomendada a partir de 6 anos).
Visitas guiadas para todos os públicos e visita familiar que inclúe un xogo de pistas e unha actividade experimental temática.
Exposición divulgativa "GEAS Mujeres que estudian la Tierra"
Do 13 de xullo ao 13 de agosto.
Mostra de paneis informativos ilustrados coa que viaxaremos no tempo para dar voz a 12 xeólogas de épocas, contextos históricos e nacionalidades diferentes.
Exposición divulgativa "Las moléculas que comemos"
Do 14 de agosto ao 15 de setembro.
Somos o que comemos? Mostra informativa que presenta a nosa relación coa alimentación e explica como interveñen nela os sentidos, os procesos biolóxicos que realiza o noso corpo e que se fixa na cociña e a investigación relacionada.
Xullo e agosto de 2024.
Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 01/07/2024
(ata 3 días antes do inicio do programa respectivo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible