Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Exposición GOYA - HELLBOY. Unha visión da iconografía de monstros por Stéphane Levallois

Chega á Sede Afundación A Coruña o debuxante e creador de monstros por excelencia do cinema hollywoodiense, Stéphane Levallois, deseñador para películas coma Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/07/2024 ata o 31/08/2024

Horario:

De luns a sábado e festivos: De 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h.

Domingos: Pechado.

Prezo:

De balde.

Páxina web:

afundacion.org

Contacto:

Sede Afundación A Coruña

Cantón Grande nº8

15003 A Coruña

Tel: 981 185 060

Mail: socioculturales@afundacion.org

A exposición, comisariada por Asier Mensuro, aborda unha sorprendente relectura da iconografía de Goya e do personaxe Hellboy a través dos debuxos do prestixioso debuxante Stephane Levallois, que fusiona nesta mostra ambos os universos.

03/07/2024 ás 19:00h.: ACTO INAUGURAL

Que contará coa presenza do comisario e do autor Stéphane Levallois: deseñador de monstros para películas coma Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer. Levallois é ademais autor do cómic que editou o Museo do Louvre con motivo da súa grande exposición sobre Leonardo da Vinci. 

Asistencia gratuíta, previa inscrición. Capacidade limitada.

Esta mostra enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, para achegar produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora coa túa doazón!

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión