9 resultados
Dende o 24/07/2024 ata o 28/07/2024
O Concello da Coruña organiza xunto coa Asociación Comercial e Empresarial 'Ciudad Antigua' da Coruña (ACECA) a XXVIII edición da Feira das Marabillas, acontecemento que xa forma parte da programación estival de ocio da cidade, con diferentes actividades para todos os públicos e idades.
Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Presentamos as actividades de xullo para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.
Dende o 13/07/2024 ata o 27/07/2024
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xullo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Dende o 02/07/2024 ata o 30/08/2024
Para dar a coñecer o patrimonio natural e histórico da Illa e o Castelo de Santa Cruz, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, ofértase un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante o verán.
Dende o 05/07/2024 ata o 05/09/2024
O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior ao comezo da mesma.
As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante a tempada de verán.
A ONGd Ecos do Sur está a construír un mapa das expresións artísticas de mulleres migrantes residentes en Galicia que teñan un proxecto musical, teatral, de danza ou de outras artes escénicas, sexa profesional ou amateur.
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.
Dende o 05/04/2024 ata o 27/07/2024
con diferentes prazos de inscrición para cada actividadeNocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña poñen en marcha o Servizo de Atención Tecnolóxica en liña. Unha persoa experta atenderá individualmente as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...).
resultados 9
Xullo e agosto de 2024.
Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 01/07/2024
(ata 3 días antes do inicio do programa respectivo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible