Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia

    Inscricións:

    Ata o 18/07/2024

    Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2024/25 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

  • Axudas para realizar a formación práctica en centros de traballo ou FP dual

    Inscricións:

    Ata o 09/09/2024

    2º prazo do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024.

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual dentro e fóra do territorio español.

  • Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

    Inscricións:

    Dende o 19/08/2024 ata o 18/09/2024

    Ata 20 premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24, coa finalidade de dar recoñecemento ao esforzo e á dedicación do alumnado que, por circunstancias socioculturais, familiares ou persoais, ten desvantaxe cara conseguir rematar os seus estudos ou vese condicionado o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

  • Prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes

    Inscricións:

    Ata o 07/08/2024

    Prazo extraordinario do 2 ao 6 de setembro de 2024, de quedar prazas vacantes. 

    Convocatoria de prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25.

  • Bolsas Fundación SEPI-ICO 2024

    Inscricións:

    Ata o 08/09/2024

    A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Instituto de Crédito Oficial 2024/2027.

  • Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

    Inscricións:

    Ata o 22/07/2024

    ás 14:00h.

    O obxecto deste programa do Igape é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de xóvenes profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

  • Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

    Inscricións:

    Alumnado de bacharelato: do 21 de xuño ao 19 de xullo de 2024 (incluído). Alumnado de FP do 21 de xuño ao 2 de agosto de 2024 (incluído).

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2024/25 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

  • Bolsas de FP, Grao e Mestrado para persoas con discapacidade da Fundación Adecco

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    ata as 18.00 h.

    A Fundación Adecco abre o prazo de solicitude da VII Convocatoria de Bolsas de FP, Grao e Mestrado para estudantes con discapacidade con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

  • 2.431 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2024-2025

    Inscricións:

    Dende o 11/06/2024 ata o 17/09/2024

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca 2.431 bolsas destinadas a facilitar a colaboración de estudantes nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, co fin de iniciarse en tarefas de investigación e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

  • Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión