Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2024

Prezo:

DOG 16/09/2013 Decreto polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal.

DOG 12/09/2014 Corrección de erros. 

Requisitos:

  • Ser cidadán/á de calquera país da Unión Europea ou estranxeiro/a que acredite a residencia ou estea dentro dun programa de cooperación internacional.
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade no ano da publicación da convocatoria, no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da publicación da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.
  • Estar matriculado, en calquera dos CFEA adscritos á Agacal, nun ciclo de formación profesional durante o curso escolar.

Páxina web:

https://agacal.xunta.gal/gl

Contacto:

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Avenida do Camiño Francés, nº 10. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 546 679 / 981 546 664

Publicación: DOG 15/07/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento MR207A

As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades:

  • Residencia en pensión completa. A modalidade de residencia en pensión completa inclúe o uso dun cuarto e aseo compartidos e o dereito ao almorzo, xantar e cea. 
  • Comedor para o curso completo. A modalidade de comedor para o curso completo comprende o servizo de xantar na sala de comedor durante todo o curso de luns a venres, todos os días lectivos do centro en que se oferte o servizo. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión