Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Fundación Ibercaja, no seu obxectivo de promocionar a arte e apoiar o traballo creativo dos novos artistas no inicio das súas carreiras, convoca a XI edición do Premio Fundación Ibercaja de Pintura Nova, de carácter nacional, dirixido a artistas nados ou residentes en España, con idades ata 35 anos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Ampliado o prazo de recepción de propostas ata 22/08/2024, ás 12.00 h.
Requisitos:
Poderán participar todos os artistas plásticos nados ou residentes en España, ata 35 anos cumpridos ao 31 de decembro de 2023.
Cada artista poderá presentar unha única obra, datada a partir de 2020, que non fose presentada a ningún outro concurso. Igualmente non poderán presentarse os autores que fosen premiados nas convocatorias anteriores deste premio.
O tema para concorrer a esta convocatoria e a técnica empregada serán libres. As medidas da obra presentada (sen incluír marco, listón ou soporte), non serán superiores a 2 metros nin inferiores a 1 metro por calquera dos seus lados.
Os artistas interesados en participar solicitarano a través do formulario que atoparán na páxina web www.fundacionibercaja.es/pinturajoven2024. Ademais deberán achegar os datos e documentación que se indica nas bases. De entre as obras presentadas recibidas no formato dixital, o Xurado designado fará unha selección. Ditas obras seleccionadas poderán ser entregadas persoalmente ou mediante axencia de transportes á dirección do apartado de Contacto.
As obras seleccionadas compoñerán a Exposición Premio Fundación Ibercaja de Pintura Nova 2024, que se inaugurará en decembro de 2024.
Remuneración / Custo:
Establécense dous Premios que consistirán na adquisición por Fundación Ibercaja das obras gañadoras por valor de 10.000 euros (IVE incluído) no caso do Primeiro Premio e por 6.000 euros (IVE incluído) no caso do Segundo Premio.
As obras gañadoras e adquiridas serán incluídas na colección de arte de Fundación Bancaria Ibercaja.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible