Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIII Edición do Concurso de Divulgación Científica UCM 2024

A Universidade Complutense de Madrid (UCM) xunto coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) convoca a XIII edición do Concurso de Divulgación Científica co fin de promover a actividade divulgativa e posta en valor das investigacións que se realizan dentro do marco da UCM.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2024

Requisitos:

  • Poderá participar no concurso o Persoal Docente e Investigador, o Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos e o Persoal Investigador Predoutoral e Posdoutoral da UCM, sempre que exista relación contractual con esta universidade e estean en situación administrativa de servizo activo no prazo de presentación de solicitudes, así como todos aqueles estudantes matriculados na UCM durante o curso académico 2023-24.
  • As candidaturas poderán presentarse tanto de forma individual como de maneira colectiva, facéndose constar dita circunstancia no impreso de solicitude segundo consta nas bases da convocatoria.
  • A inscrición realizarase mediante formulario web.
  • Establécense cinco modalidades de participación e tres premios en cada unha delas:
    • Artigo de divulgación científica.
    • Fotografía científica.
    • Youtuber científico.
    • Fío de X científico.
    • Infografía científica.

Remuneración / Dotación:

En todas as modalidades poderanse conceder ata 3 premios, dotados cunha contía económica:

  • Primeiro Premio: 700 euros
  • Segundo Premio: 350 euros
  • Terceiro Premio: 200 euros

En caso de coautoría, entenderase que a presentación é conxunta, e a dotación económica do premio será aboada ao representante da candidatura.

Páxina web:

https://www.ucm.es/otri/

Contacto:

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da UCM (OTRI)

Facultade de Medicina, Edificio Entrepabellones 7 e 8

Rúa do Doutor Severo Ochoa, 7, 2ª planta

Cidade Universitaria, 28040 Madrid.

Teléfono: 91 394 34 48

Correo electrónico: uccucm@ucm.es

Documentos:

Bases do concurso (190 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión