Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certificado Programa en Intelixencia Artificial- Programa de Bolsas IBM Fundae

Este programa gratuíto, de 10 semanas de duración, está deseñado para quen desexa comezar unha carreira profesional en intelixencia artificial. O curso proporcionarache as habilidades profesionais necesarias para destacar neste campo, así como experiencia práctica mediante exercicios e un proxecto final.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 17/12/2024

Inscricións:

Ata o 10/09/2024

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • Ser residente en España
  • Ter máis de 18 anos
  • Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas

Páxina web:

https://experienciafundae.es/

Organiza:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae) e IBM.

Contacto:

Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae)

https://www.fundae.es/atencionusuario/contacto

Contido

Este curso en liña está composto por dúas fases (é necesario superar a fase 1 para acceder á fase 2):

  • Fase 1: Intelixencia Artificial traballo previo: que é a intelixencia artificial?
  • Fase 2: consistente en 6 cursos nos que repasarás os fundamentos da IA, Python para Data Science, Machine learning e Chat GPT.

Habilidades que desenvolverás :

  • O procesamento natural de linguaxe (NLP)
  • A aprendizaxe automática con Python (Machine learning)
  • A Aprendizaxe profunda (Deep learning)
  • A IA xenerativa
  • A implementación práctica dos casos de uso da IA

Modalidade

Virtual presencial. Deberás asistir ás sesións virtuais dirixidas por un instrutor, e comprometerte a dedicar aproximadamente 6 horas semanais á aprendizaxe a ritmo individual e entregar un proxecto final ao terminar o curso.

Certificación

Ao completar o curso con éxito, cada participante poderá descargar un certificado dixital recoñecido verificado por Credly, así como unha certificación de IBM.

Inscrición

A selección de persoas para o envío de invitacións ao programa de Bolsas IBM Fundae farase por orde de chegada das solicitudes presentadas a través do formulario de solicitude, atendendo ás seguintes cuestións: darase prioridade de participación ás persoas desempregadas.

https://experienciafundae.es/bolsa-ibmfundae/detalle/2802/solicitude

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión