Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos de Lingua de Signos Española 2024/2025

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG, abre unha nova convocatoria de cursos en diferentes niveis e modalidades: presencial e en liña.

A quen vai dirixido?:

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da Lingua de Signos Española como segunda lingua, un idioma máis.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os cursos impartiranse de setembro 2024 a febreiro 2025

Inscricións:

Ata o 29/08/2024

Ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles

Horario:

Consultar folla informativa do curso

Prezo:

Consultar folla informativa do curso

Requisitos:

Os cursos iniciais, para os que non é necesario contar con coñecementos previos, son o A1-A2 en liña e o A1 presencial. Para o resto de cursos é necesario completar o nivel anterior.

Páxina web:

faxpg.es

Contacto:

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG

Rúa Félix Estrada Catoira nº 3 - baixo dereita

15007- A Coruña

Tel: 981 169 336 (de luns a venres de 9:00-14:00h.)

Mail: lsecursos@faxpg.es

En modalidade en liña ofrecen os seguintes cursos:

  • Nivel A1.2, de 30 horas
  • Nivel A1-A2, de 150 horas
  • Nivel B1.1, de 60 horas
  • Nivel B2.1, de 70 horas

Os cursos en liña de Nivel A1.2, A1-A2 e B1.1 impartiranos a través da plataforma en liña Signocampus dispoñible as 24 horas, sen horarios. No curso en liña de Nivel B2.1 si haberá clases a través de Zoom.

En canto á modalidade presencial, impartirán cursos de Nivel A1, e as clases terán unha duración de 2 horas, con dúas sesións por semana. Ofrecen estes cursos nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión