Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) e cursos de linguaxe administrativa galega

A Dirección Xeral de Formación Profesional, convoca con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

  • Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Características dos cursos Celga

  • Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.
  • As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, a/o alumna/o deberá optar por un só curso nunha soa escola.
  • Oferta na EOI da Coruña: 
    • Celga 3: setembro - decembro 2024
    • Celga 4: febreiro - maio 2025
  • Duración: 60 horas presenciais.

Características dos cursos de linguaxe administrativa galega

  • Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos a empregadas/os públicas/os da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia

Inscrición

https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos/index.php

Páxina web:

https://www.lingua.gal

Contacto:

EOI da Coruña

Rúa da Educación, 1. 15011 A Coruña

Teléfono: 981 279 100

eoi.corunha@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 26/06/2024

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión