Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

23 resultados

  • That's English! Cursos de preparación das probas de certificación de inglés

    A Consellería de Educación lanza un ano máis o programa That's English! para a preparación dos exames de certificación de inglés dos niveis B2 e C1 na modalidade a distancia.

  • Obradoiro Infantil de Iniciación ao Haiku

    Cando:

    05/09/2024

    O CEIDA organiza, no Pazo de Lóngora, un obradoiro de iniciación ao Haiku para rapazada de entre 7 a 14 anos.

  • Certificado Programa en Intelixencia Artificial- Programa de Bolsas IBM Fundae

    Cando:

    Dende o 16/09/2024 ata o 17/12/2024

    Inscricións:

    Ata o 10/09/2024

    Este programa gratuíto, de 10 semanas de duración, está deseñado para quen desexa comezar unha carreira profesional en intelixencia artificial. O curso proporcionarache as habilidades profesionais necesarias para destacar neste campo, así como experiencia práctica mediante exercicios e un proxecto final.

  • Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) e cursos de linguaxe administrativa galega

    Inscricións:

    • Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
    • Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

    A Dirección Xeral de Formación Profesional, convoca con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2024/25, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

  • Cursos de Lingua de Signos Española 2024/2025

    Cando:

    Os cursos impartiranse de setembro 2024 a febreiro 2025

    Inscricións:

    Ata o 29/08/2024

    Ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles

    A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG, abre unha nova convocatoria de cursos en diferentes niveis e modalidades: presencial e en liña.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 02/07/2024 ata o 01/09/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades dos meses de xullo e agosto de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

  • Cursos para persoas desempregadas Adams - Xullo 2024

    Adams impartirá ao longo do mes de xullo cursos de diversos ámbitos formativos, destinados a persoas desempregadas.

  • Curso de teatro en "Teatro del Andamio"

    Cando:

    Dende o 22/07/2024 ata o 27/07/2024

    A Compañía Teatro del Andamio da Coruña, vai organizar un curso de teatro de iniciación para persoas adultas.

  • Cursos Aula CeMIT - Xullo

    Cando:

    Dende o 01/07/2024 ata o 31/07/2024

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xullo na aula CeMIT Eirís.

  • Programa de Bolsas Google Fundae

    Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google: IA, Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridade.

resultados 23

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión