Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de bandas emerxentes "Sonidos Mans Salas 2024"

A fundación Paideia, titular de Estudios Mans, convoca o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas 2024 para apoiar o traballo de grupos e/ou músicos noveis, sen obra editada, e facilitar a súa participación nos circuítos profesionais e súa promoción discográfica

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 24/07/2024

ata as 12.00 h do mediodía

Requisitos:

  • Poderán participar grupos e/ou solistas, cuxos integrantes sexan maiores de idade e residentes en Galicia.
  • Non poderán participar grupos ou artistas que foran premiados en anteriores convocatorias do Programa nin tampouco os que tiveran editado e/ou distribuído comercialmente calquera traballo musical.
  • Cada grupo ou solista participante deberá presentar un tema orixinal mediante a plataforma Soundcloud e deberá inscribirse online na web https://salas.sonidosmans.com/inscribete
  • Os traballos poderán ser de calquera estilo musical e deberán ser orixinais en letra e música,

Remuneración / Dotación:

  • Primeiro premio: dará dereito á gravación, mestura e masterización dun EP deduración máxima de 20 minutos (ou 4 temas) e á gravación dun vídeo promocionalnos Estudios Mans, na Coruña. Ademais, o gañador/a poderá tocar nunha sala de recoñecido prestixio dentro da comunidade autónoma de Galicia antes deque finalice o ano 2024.
  • Segundo e terceiro premio: que darán dereito á gravación,mestura e masterización dun single de duración máxima de 5 minutos e ágravación dun vídeo promocional en falso directo nos Estudios Mans na Coruña.

Páxina web:

https://salas.sonidosmans.com

Contacto:

Estudios Mans - Fundación Paideia 

Polígono de Pocomaco - Quinta Avenida, 91 (15190 - A Coruña)

correo-e: contacto@sonidosmans.com 

www.facebook.com/estudiosmans

Documentos:

Bases-Sonidos-Mans-Salas-2024_DEF_.pdf (260 KB)

Desenvolvemento do Programa:

  • Fase previa: selección previa dos grupos ou solistas participantes.
  • Fase de preselección: un xurado profesional elixirá por sistema de votación maioritaria 3 finalistas 
  • Fase de audición final: a selección de gañadores levarase a cabo a través dunha audición que terá lugar no marco do Festival de la Luz, entre os días 24 e 25 de agosto de 2024, ao que concorrerán os 3 finalistas.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión