Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
ABRIL
03/04/2025 ás 18:00 h. Xornada de rol: Ten Candlescon Mel, de El gato y el dado. É necesaria a inscrición.
Ten Candles é un xogo de rol indie de terror, baseado na narración cooperativa e que utiliza dez candeas para marcar o paso do tempo. Apúntate para vivir esta experiencia misteriosa e divertida.
12/04/2025 e 13/04/2025 de 17:30 a 19.30h. Iniciación á cartomaxia con Abel Caballero. É necesaria a inscrición.
Dúas sesións para inciarse no marabilloso mundo da cartomaxia. Deixa coa boca aberta ás túas amizades cos trucos que aprenderás neste obradoiro.
18/04/2025 de 19:00h a 20:30h. Obradoiro: Estampaxe creativa. É necesaria a inscrición.
Un obradoiro moi imaxinativo para deseñar os teus estampados de forma orixinal e creativa. Leva unha bolsa única e persoal feitiña por ti con moito amor.
26/04/2025 de 17:30 a 21:00h. Obradoiro: Pintado de miniaturas, con Xoel Otero. É necesaria a inscrición.
Pedíchedelo e aquí está de novo! Segunda edición deste obradoiro, no que aprenderemos a pintar con moita maña as nosas personaxes en miniatura.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible