Chega á Sede Afundación A Coruña o debuxante e creador de monstros por excelencia do cinema hollywoodiense, Stéphane Levallois, deseñador para películas coma Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer.
Para público en xeral
Dende o 03/07/2024 ata o 31/08/2024
De luns a sábado e festivos: De 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h.
Domingos: Pechado.
De balde.
Sede Afundación A Coruña
Cantón Grande nº8
15003 A Coruña
Tel: 981 185 060
A exposición, comisariada por Asier Mensuro, aborda unha sorprendente relectura da iconografía de Goya e do personaxe Hellboy a través dos debuxos do prestixioso debuxante Stephane Levallois, que fusiona nesta mostra ambos os universos.
03/07/2024 ás 19:00h.: ACTO INAUGURAL
Que contará coa presenza do comisario e do autor Stéphane Levallois: deseñador de monstros para películas coma Alien, King Kong, Parque Xurásico, X-men ou Harry Potter e colaborador habitual de Ridley Scott ou Bryan Singer. Levallois é ademais autor do cómic que editou o Museo do Louvre con motivo da súa grande exposición sobre Leonardo da Vinci.
Asistencia gratuíta, previa inscrición. Capacidade limitada.
Esta mostra enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, para achegar produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora coa túa doazón!
Xullo e agosto de 2024.
Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 01/07/2024
(ata 3 días antes do inicio do programa respectivo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible