Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Festas María Pita 2024

As Festas de María Pita 2024 encherán o mes de agosto de multitude de propostas culturais e de lecer para toda a cidadanía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2024 ata o 01/09/2024

Páxina web:

www.coruna.gal

Contacto:

Concello da Coruña

Pazo do Concello. Praza de María Pita, 1 (15001- A Coruña)

Teléfono de información municipal: 010981 184 278 - (para chamadas efectuadas fóra do termo municipal da Coruña)

www.facebook.com/ConcelloCoruna

As Festas de María Pita 2024, contarán na súa xornada inaugural co pregón de Lucas Pérez e coa actuación musical de Kate Ryan.

A praza de María Pita será o grande escenario destas festas e acollerá o programa de concertos Noites de María Pita, o Festival Internacional de Folclore, a Semana Clásica e o Festival de Habaneras.

O programa Cascarillarte volverá encher os diferentes barrios con actuacións para todos os públicos entre o 12 e o 30 de agosto.

A Batalla Naval, que este 2024 cumpre 40 anos, será o venres 16 de agosto na enseada do Orzán.

Haberá, como cada ano, unha nova edición da Feira do Libro e do Libro Antigo, así como o Festival Noroeste Estrella Galicia, Viñetas desde o Atlántico ou o Trofeo Teresa Herrera de Fútbol.

Nos barrios tamén serán protagonistas estas festas: Oza-Gaiteira-Os Castros, Eirís, Castrillón, Sagrada Familia e Novo Mesoiro.

María Pita 2024 rematará como todos os anos coa Romaría de Santa Margarida, unha das mellores citas de baile e música tradicional.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión