8 resultados
23/11/2024
O centro Ágora acollerá a 2ª edición do Nonviolencia Activa Fest, un evento organizado pola asociación Mundo Sen Guerras e Sen Violencia da Coruña no que se poderá gozar do talento musical, plástico e poético de máis dunha treintena de artistas.
Dende o 18/11/2024 ata o 21/11/2024
A Facultade de Ciencias da UDC acolle a 9ª Edición da Semana dos Cogomelos. Coordinada pola Asociación UDC Big Bang (formada por estudantado de Bioloxía e Química da UDC), levarase a cabo unha exposición de cogumelos e unha saída de campo.
Dende o 07/11/2024 ata o 09/12/2024
A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) acolle na súa sede a exposición "Spectant Musica", do artista Andrés G. Shuttleworth.
Dende o 02/11/2024 ata o 30/11/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de novembro de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Dende o 17/10/2024 ata o 25/01/2025
A Sede Afundación A Coruña, dentro do proxecto "Cultura por alimentos", acolle unha mostra sobre arte contemporánea do artista coruñés Héctor Francesch.
Dende o 14/10/2024 ata o 02/12/2024
A AVV Oza Gaiteira Os Castro presenta "Memoria Emocional", un proxecto que ten como obxetivo a creación dun relato colectivo das diferentes etapas e acontecementos polos que pasou o barrio con imaxes, datos e vivencias que van dende o máis historicista ata o máis anecdótico.
Dende o 09/10/2024 ata o 25/01/2025
A Sede Afundación da Coruña acolle MODO RETRATO, unha exposición enmarcada dentro do macroproxecto SIMULTÁNEA. Un periplo expositivo multidisciplinar para coñecer a riqueza creativa da historia da arte de Galicia desde o século XIX ao XXI, afondando no xénero do retrato desde diferentes ópticas, estilos e linguaxes.
Dende o 10/07/2024 ata o 10/07/2025
A Fundación Luís Seoane presenta a exposición: "Identidade, memoria histórica e movementos sociais". Esta mostra é un proxecto que reúne óleos, gravados, debuxos e produción editorial contextualizados dentro de tres grandes bloques temáticos que poñen de manifesto diferentes aspectos do pensamento do artista galego.
resultados 8
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible