Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

32 resultados

  • XXVIII Feira das Marabillas

    Cando:

    Dende o 24/07/2024 ata o 28/07/2024

    O Concello da Coruña organiza xunto coa Asociación Comercial e Empresarial 'Ciudad Antigua' da Coruña (ACECA) a XXVIII edición da Feira das Marabillas, acontecemento que xa forma parte da programación estival de ocio da cidade, con diferentes actividades para todos os públicos e idades.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    18/07/2024

    A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

  • 23º Festival Manicómicos

    Cando:

    Dende o 19/07/2024 ata o 21/07/2024

    Chega á Coruña a 23ª Edición do festival Manicómicos. Tres días de circo, clown, títeres e maxia que percorrerán os barrios da cidade e culminarán, como cada ano, coa súa Gala Manicómicos no auditorio do parque de Santa Margarida.

  • Bautismos de escalada no mes de xullo

    Cando:

    Dende o 22/07/2024 ata o 24/07/2024

    A Agrupación de Montañeiros Independentes organiza, no rocódromo de Riazor, bautismos de escalada para rapazada até 16 anos.

  • Exposición A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia, en A Coruña

    Cando:

    Dende o 13/06/2024 ata o 31/08/2024

    A Sede Afundación A Coruña presenta a exposición «A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia», un percorrido gorentoso polas grandes obras de arte da cámara galega, un total de 37 pezas da súa Colección.

  • IV Simposio Julio Palacios: "Ciencias del Cosmos"

    Cando:

    23/07/2024

    O museo Domus da Coruña acollerá este encontro divulgativo sobre as “Ciencias del Cosmos” organizado pola Fundación Ramón Areces, a Cátedra Julio Palacios do CSIC, a UIMP e a Universidade da Coruña. O evento contará coa participación de destacados profesionais dos ámbitos científico e académico, expertas e expertos nas Ciencias do Espazo, que abordarán diversas cuestións relacionadas coa temática espacial coa finalidade de poder dar resposta aos grandes enigmas do Universo.

  • Coruña en forma 2024

    Cando:

    Xullo e agosto de 2024.

    O Concello da Coruña presenta unha nova edición de "Coruña en forma". A finalidade deste programa é ocupar espazos públicos durante os meses de xullo e agosto e convertelos en instalacións deportivas non convencionais. Así, as actividades físicas moderadas ocuparán parques, rúas, paseos e prazas da cidade sempre baixo a supervisión de persoal profesional debidamente formado.

  • Actividades de xullo nas Naves do Metrosidero

    Cando:

    Dende o 06/07/2024 ata o 31/07/2024

    Presentamos as actividades de xullo para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

  • Campus skate

    Cando:

    Dende o 24/06/2024 ata o 06/09/2024

    New School skateboards organiza un campus de skate para rapaces e rapazas a partires de 4 anos.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 02/07/2024 ata o 01/09/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades dos meses de xullo e agosto de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

resultados 32

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión