Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

11 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Culture Moves Europe

    Inscricións:

    Ata o 30/11/2024

    Culture Moves Europe ofrece subvenciones a artistas, profesionales culturales y organizaciones anfitrionas en todos los países de Europa Creativa que trabajan en los sectores de la arquitectura, el patrimonio cultural, el diseño y el diseño de moda, la traducción literaria, la música, las artes escénicas y las artes visuales.

  • Subvencións a entidades da provincia da Coruña

    Inscricións:

    Ata o 16/12/2024

    ás 14:00 horas.

    A Deputación da Coruña convoca axudas a entidades sen ánimo de lucro, a formacións musicais e de baile, e a entidades e clubs deportivos da provincia para o ano 2025.

  • Bolsa Joana Biarnés para Novos Fotoperiodistas

    Inscricións:

    Dende o 16/09/2024 ata o 25/11/2024

    14.00 h.

    A Fundación Photographic Social Vision organiza esta bolsa anual para apoiar o desenvolvemento profesional de mozos fotoperiodistas coas inquedanzas, talento e valores do mellor xornalismo visual e para promover que, grazas ao apoio recibido, axuden a facer visibles temáticas de necesaria difusión e reflexión social.

  • Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

    Inscricións:

    Ata o 02/12/2024

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o 2024 as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2024

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o ano 2024 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

  • Microcréditos á formación 2024

    Cando:

    Debes terte formado entre o 1 de xaneiro do 2023 (ao comezo da formación) e o 1 de setembro de 2025. A formación acreditada debe ter finalizado con posterioridade ao 29 de maio de 2024.

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, se destinen a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • Axuda económica a través da tarxeta Benvida

    Inscricións:

    2 meses desde o día seguinte do nacemento ou resolución de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento permanente (3 meses se a persoa é emigrante retornada). No suposto de muller xestante, en calquera momento do 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca a axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para familias que no 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

  • Axudas de indemnización económica para vítimas de violencia de xénero

    Inscricións:

    Ata o 02/12/2024

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

  • Tarxeta Xente Nova

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2024

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2024.

  • Bono de Alugueiro Social

    Inscricións:

    Ata o 30/11/2026

    ou ata o esgotamento da partida orzamentaria. 

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.

resultados 11

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión