Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas da USC para persoas procedentes de zonas en conflito 2024-2025

A Universidade de Santiago convoca 12 axudas para a realización no curso 2024-2025 de estudos de grao, máster ou doutoramento destinadas a persoas procedentes de zonas en conflito.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 07/08/2024

Requisitos:

  • Ser orixinario/a dun país de fóra da Unión Europea e non posuír dobre nacionalidade con algún país membro.
  • Cumprir calquera dos seguintes supostos:
  • - posuír o estatuto de refuxiado/a en España, conforme a Lei 12/2009, de 30 de outubro, reguladora do Dereito de Asilo e da Protección Subsidiaria ou telo solicitado antes do remate do prazo da presente convocatoria
  • - posuír o estatuto de protección temporal en España
  • - posuír acreditación da condiciónde refuxiado/a por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) ou da Axenciada ONU para os Refuxiados de Palestina (UNRWA)
  • - acreditar a procedencia de zonas en conflito.
  • Estar matriculado/a ou en condicións de formalizar matrícula no curso 2024-2025 en calquera dos programas de estudos oficiais da USC a nivel de grao, máster oudoutoramento (a adxudicación final da axuda quedará condicionada á efectiva admisión por parte da USC da persoa solicitante seguindo as canles regulamentarias establecidas para tal efecto)
  • No caso de estudantado de grao e máster, posuír coñecementos da(s) lingua(s) de impartición da docencia da titulación correspondente
  • No caso de estudantado de doutoramento, posuír coñecementos lingüísticos suficientesque lle permitan desenvolver de xeito satisfactorio a súa actividade de formación predoutoral.

Remuneración / Dotación:

As axudas terán unha duración de 12 meses consecutivos, dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2025 (sempre que se manteñan as condicións que deron lugar áconcesión da axuda)

As axudas incluirán a cobertura dos seguintes conceptos:

  • a) Matrícula no curso académico 2024-2025 nunha titulación oficial de grao, mestrado ou doutoramento. 
  • b) Unha praza de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC.
  • c) Dotación de 400€ mensuais para gastos de manutención. 
  • d) Matrícula en dous cursos semestrais de español ou galego no Centro de Linguas Modernas da USC.

Páxina web:

https://sede.usc.es

Contacto:

Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización da USC

Colexio de San Xerome - Praza do Obradoiro, s/n (15782 Santiago de Compostela)

Tel.: 881 811 004

correo-e: vr.internacionalizacion@usc.gal

www.usc.gal

Documentos:

Bases convocatoria .pdf (401 KB)

Das 12 axudas convocadas resérvanse 5 para solicitantes de Palestina e 4 de Ucraína. As axudas destas cotas que non sexan adxudicadas pasarán á cota xeral.

A concesión destas axudas será incompatible coa percepción doutras axudas concedidas por calquera institución pública ou privada para o mesmo fin, con calquera relación laboral ou administrativa pola que se perciban retribucións a cargo dalgunha entidade pública ou privada, así como coa prestación ou subsidio por desemprego. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión