Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para realizar a formación práctica en centros de traballo ou FP dual

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual dentro e fóra do territorio español.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 09/09/2024

2º prazo do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024.

Requisitos:

  • Persoas matriculadas nun centro público de Galicia ou, no caso dos centros privados, nunha ensinanza concertada coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • Estar cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
  • Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2024.
  • Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.
  • No caso do alumnado de FP dual, que o proxecto de FP dual non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.
  • No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do alumnado durante o período de realización da FCT ou da FP dual.
  • No caso da modalidade B, que o alumnado non desfrutase dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.

Remuneración / Custo:

Para o cálculo das axudas terase en conta o número total de xornadas en que a persoa solicitante realiza a FCT ou a FP dual na empresa. Para este cómputo consideraranse 5 xornadas semanais cunha duración de 8 horas cada unha. Cando o número de xornadas realizadas nunha semana sexa inferior a 5, o importe da axuda ratearase proporcionalmente.

  • Modalidade A: cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español as contías calcularanse do seguinte modo:
    • Dentro de Galicia: 12,50 euros por semana ata un máximo de 375 euros.
    • Fóra de Galicia: 20 euros por semana ata un máximo de 375 euros.
  • Modalidade B: cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español as contías calcularanse do seguinte modo en función do país de destino:
    • Grupo 1: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Suecia. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 1: 175 euros/semana.
    • Grupo 2: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 2: 140 euros/semana.
    • Grupo 3: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Bulgaria, Chequia, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, Romanía, Serbia,Turquía. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 3: 100 euros/semana.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fct/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 546

Publicación: DOG 10/07/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED202A

Modalidades de axudas:

  • Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
  • Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de réxime especial, que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

  • Primeiro prazo, ata o 9 de setembro de 2024:
    • Alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2023-marzo 2024 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2024.
    • Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
    • O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024 e que anticipe a súa realización, non se acollerá a este primeiro prazo.
  • Segundo prazo, do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024:
    • Alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024.
    • O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2024 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión