Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de formación en Sistemas Informáticos 2024/2025 da UVigo

A Universidade de Vigo convoca 75 bolsas de formación complementaria en en Sistemas Informáticos para fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2024

Duración:

10 meses (iniciándose non antes do 16 de outubro de 2024 e finalizando o 31 de xullo do 2025)

Requisitos:

  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2023 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2024/2025 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario sinaladas no anexo II das bases da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa. 
  • No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. 
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II das bases da convocatoria.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. 

Remuneración / Dotación:

A contía bruta será como máximo de:

  • - 480 €/mes para a bolsa 20 horas/semanais
  • - 360 €/mes para a bolsa 15 horas/semanais
  • - 240 €/mes para a bolsa 10 horas/semanais

Páxina web:

https://secretaria.uvigo.gal

Contacto:

Universidade de Vigo

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende (36310 - Vigo)

tel: 986 81 40 94

correo-e: bolsasformacion@uvigo.es​ 

www.uvigo.gal

Documentos:

Bases convocatoria (800 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión